Galicia

conducindo o BNG e cruzando o pas ao volante do coche de sempre

0


Senn Rouco

Parlamento, catro actos con candidatos, compra e familia: as reparte o da a lder do Bloque e nai de Ica

05 mar 2023 . Actualizado a las 17:39 h.

Coche disel algo machucado, Renault de 14 anos con mis de 400.000 quilmetros, unha cadeira de beb no asento traseiro e a lder do Bloque ao volante. Chega ben cedo Ana Pontn (Chorente, Sarria, 1977), vestida de americana azul e camiseta branca. venres e o Parlamento de Galicia est case baleiro, por al pasarn ese da mis nenos (hai visita do colexio Martagona de Melide) que polticos. Ela vai camio das das dcadas como deputada na Cmara galega (era a mis nova, con Fraga anda de presidente), tres anos fronte do primeiro partido da oposicin e tres tamn como nai de Ica, o primeiro cargo co que ela mesma se describe nas sas redes sociais. E as, como nai e portavoz nacional do BNG, ten que repartir esta xornada.

Chegada ao Parlamento, co coche co que se desplaza por todo o pas. VTOR MEJUTO

8.20 horas

Chegada ao Parlamento e reunin de axenda. Hai reunin de preparacin de semana no grupo parlamentario do BNG. Os luns estn reservados para a xuntanza dos 19 deputados. Este venres o grupo mis reducido: cinco mulleres e catro homes. Estn Olalla Rodil —posiblemente a sa deputada de mis confianza, e que ven de anunciar a sa prxima maternidade— e Lus Bar, ambos viceportavoces. Os demais son o equipo subterrneo, o que non aparece nos medios. Ags Teresa Varela, responsable de comunicacin (unha veterana no partido), o resto levan con Ana Pontn menos de tres anos. Estn o economista Joam Romero, a xurista Ana Ra, o coordinador do grupo Manuel Anxo Fernndez, e Miguel Fernndez e Andrea Vila, persoal de gabinete e comunicacin. A cita nunha sala ampla do Parlamento non se vai mis al dos 45 minutos, centrada na campaa do 8M, na lei do s si si e nas preguntas que lle far Pontn a Alfonso Rueda no Parlamento esta prxima semana. A lder pregunta, anota e puntualiza.

Andrea Villa, Lus Bar, Ana Ra con Ana Pontn, ao remate da reunin do seu equipo no Parlamento. VTOR MEJUTO

9.15 horas

Repaso a notas e primeiras chamadas. Di Ana Pontn que o seu despacho a ra. Hai algo de slogan a. Porque despacho ten, no Parlamento, con varios cadros cedidos pola Cmara, e s un persoal, regalo de Cesreo Snchez. Pero paso pouco tempo no despacho, e na sede do Bloque, case nada, matiza. Nos estantes, unha ilustracin de Pinto & Chinto, a coleccin de libros de historia de La Voz de Galicia ou un ensaio do historiador Carlos Babo sobre o espolio de Meirs (mis tarde volveremos a). Tamn unha orla de Ciencias Polticas, a sa facultade (estudou entre 1996 e 2001), da promocin do ano 2017, da que foi madria. Nese cadro estn uns cincuenta alumnos e sinala profesores dos que garda moi bo recordo, como Ramn Miz ou Celestino Garca. Tamn est na orla a profesora Marta Lois, hoxe man dereita de Yolanda Daz; pero esta, recorda, non lle deu clase. Daquela, cando estudaba en Compostela, xa era militante do BNG; entrou en Galiza Nova con 16 anos. Entn, na sa casa o seu pai dxolle que non o comentase moito. Decateime de que anda quedaba pouso da represin franquista, comenta.


Repasa mentres toma notas entre o ordenador e o mbil. A primeira chamada a Carme da Silva, coordinadora das municipais, por unhas eleccins que van consumir case todas as enerxas ata finais de maio. A segunda chamada a Ana Miranda, a voz do BNG en Europa. Falan de pesca e da elica, que agora van no mesmo saco.

Cun grupo de mulleres comerciantes de Santiago, e a candidata local do BNG, Goretti Sanmartn. VTOR MEJUTO

10.00 horas

Primeiro acto do da. De camio praza de Mazarelos, na zona vella de Santiago, ra Hrreo arriba, Ana Pontn vai repasando as perspectivas electorais. Imos mellorar en todos os concellos, repetir ao longo do da. O Bloque ten alcaldas en 28 concellos, e este da vai visitar unha alcaldesa nova (Moaa) e un histrico (Carballo). Tamn a dous aspirantes: un que se estrea (Sada) e unha que repite (Santiago). Esta ltima, Goretti Sanmartn, agarda cun grupo de comerciantes, todas mulleres —a presenza feminina repetirase durante toda a xornada—, que queren trasladar as sas inquedanzas pola marcha da cidade. Aqu pode haber sorpasso ao PSOE de Bugallo, confan no Bloque, anda que a enquisa de Sondaxe non o ve tan claro. As comerciantes, unha vintena, lamentan que a zona vella estea quedando sen vecios mentres campan as tendas de recordos. Goretti, tes moito que facer, dinlle. Ser ese acto a sa primeira comparecencia ante os medios.





Ana Pontn: Onde mellor saben que hai un cambio poltico imparable no PP


Xos Gago



11.30 horas

Sada a Moaa. De volta ao Parlamento, Ana Pontn sada polo seu nome a cinco persoas e detense cun par delas. Di que xa, logo de 28 anos, unha vecia mis de Compostela, a nica entre os lderes polticos de Galicia que non vive no concello no que naceu, anda que confesa que lle queda sempre ese estou de paso, a mia casa Chorente. Al estn os seus pais Aurita e Lus, os seus irmaos (do as, coa variedade da lingua de Lugo) e o nico curmn de Ica. Procuro ir todo o que podo, pero non doado…, di. A axenda empeza a cargarse estas semanas. Agora toca ir ao sur, a Moaa, no seu Renault, que na chapa deixa ver o paso do tempo; o BNG non ten vehculo, tampouco chofer. Nesta ocasin conduce Miguel Fernndez para que ela poida repasar datos e facer novas chamadas. Falar con Miguel Anxo Fernndez Lores, xusto ao paso da AP-9 por Pontevedra. Non perde a oportunidade de recordar que foi o Bloque o que logrou os descontos na autoestrada tras o pacto de investidura para Pedro Snchez. Pero daquel documento quedaron moitos outros compromisos sen cumprir, e co deputado do BNG descolgado das relacins co Goberno. Eu non dira iso, somos coherentes, temos un deputado de 350, e facemos mis que o resto dos deputados galegos, sublia. Recorda que aquel acordo asinouse con Adriana Lastra —hoxe apartada no PSOE—, coa que tia boa relacin. Di que no Goberno tamn fala con Ione Belarra e con Irene Montero, ambas de Podemos. E que ten unha relacin cordial con Yolanda Daz. Cstalle mis destacar nomes no PPdeG e no PSdeG. Tras un silencio cita a Miguel Santalices, presidente do Parlamento; e a Carmela Silva, presidenta da Deputacin de Pontevedra. E Alfonso Rueda? Pois nin me chama nin nos informa de nada, remata.

Ana Pontn e Leticia Santos, alcaldesa de Moaa. VTOR MEJUTO

12.30 horas

Sanidade como tema quente. Ntase unha especial complicidade entre Leticia Santos, de 38 anos, e Ana Pontn. A alcaldesa de Moaa —goberna en coalicin cos socialistas, que aqu agora cambian de candidato— unha muller espontnea que recibe a responsable do seu partido cunha fonda aperta. Ela forma parte dese BNG renovado e modulado que ten en Pontn a sa cara visible para intentar ampliar base electoral. Neste concello do Morrazo, a alcaldesa agarda diante do centro de sade, onde se concentran dende hai semanas o Bloque e un grupo de vecios para reclamar ao Sergas mis mdicos. Levamos tanto tempo que cando o consigamos, que o imos conseguir, a ver que facemos, ri Leti, como a chaman no partido. Pontn gbase das alcaldesas do Bloque, e de como unha formacin tan masculinizada —como todas, puntualiza a continuacin— deu paso s mulleres. Houbo un cambio xeracional no Bloque en 2016, explica. E cita, aparte de a Santos, propia Olalla Rodil ou a Noa Presas. Ela mesma entrou no Parlamento para relevar a unha das pioneiras na primeira lia, a incombustible Pilar Garca Negro, da que se desfai en eloxios, como de Encarna Otero. Cando toca falar de homes, cita a tres referentes: Camilo Nogueira, Alfredo Surez Canal e Paco Rodrguez.


Recollendo a Ica, a sa nena de 3 anos, na escola infantil. VTOR MEJUTO

14.30 horas

Recollida de Ica. O encontro en Moaa remata cun pequeno encontro cunha ducia de militantes (hai un cento deles no concello, segundo di a alcaldesa), nun bar de vistas marabillosas e con Mari Trini no fo musical (est soando a de se me ha cado una estrella en el jardn, e un non sabe como interpretar ese momento). Tras un caf rpido, toca sar para recoller a Ica na escola infantil. No camio de volta, Pontn resta pica compatibilidade da vida familiar e o liderado dun partido, mis cando os avs (esa rede de seguridade) estn lonxe: Fago o que fan miles de mulleres deste pas acoto, nada mis, e o mellor que se pode. A diferenza de Rueda ou o socialista Valentn Gonzlez Formoso, ela non ten un cargo de xestin, pero non resta complicacin conciliacin. Ica, mentres, xa est preparada na Raiola, centro que pertenece a unha cooperativa que dirixen varias mulleres. A Ana nai e a comitiva de xornalistas de La Voz chegan nun momento delicado: os pequenos acaban de espertar da sesta. Demasiada xente de speto.

Lola, dona de As Cabacias, explicando a Ana Pontn os produtos que vende na sa tenda de Santiago. VTOR MEJUTO

17.00 horas

Compra nun comercio de barrio. Ica queda na casa co seu pai, Alberte Branco, que quen adoita levar a nena polas mas ao cole. Director de fotografa de cinema, de Fene, algunha vez acompaa a sa parella nos actos polticos. Esta tarde, Ana Pontn chega s Cabacias xusto cando Lola abre a tenda, s cinco. un comercio de barrio no Restollal especializado en venda de produto ecolxico e de proximidade, sobre todo de Vedra. A tenda non queda nada preto do seu barrio, pero si est entre o Parlamento e a escola de Ica. Merca verdura de temporada e lcteos. Ana boa clienta, conta Lola, unha muller que fala con paixn dos produtos galegos: Pero temos un problema, que non sabemos vendelos ben, habera que poerse de acordo entre todos para facelo mellor. Se coece algunha poltica, igual lle fai caso, din entre risas na tenda.


Paseo por Sada con militantes do Bloque, diante de La Terraza. VTOR MEJUTO

18.30 horas

Co candidato de Sada a uns pasos de Meirs. En Sada o BNG vn de perder o cogoberno tras unha mocin de censura que acabou coa expulsin de eds de PP, PSdeG e Alternativa. O Bloque muda a cabeza de cartel este ano, e queren que sexa Pontn quen presente persoalmente a Emilo Graa, profesor da Corua afincado nesta vila por amor, como di el, visiblemente nervioso no seu primeiro acto pblico. Estrase na poltica nun breve mitin que escoita entre o pblico Abel Lpez Soto, rexedor nacionalista ao que se aplaude moito no acto, defenestrado por outra mocin de censura nos tempos de Ramn Rodrguez Ares, Moncho es mucho. Sada un lugar complicado, cunha dereita que… en fin, deixa caer Pontn. Aqu as posibilidades son menos ambiciosas que en Moaa ou Santiago.

Tamn asiste Carlos Babo, o historiador do ensaio no despacho de Pontn e unha das persoas que facilitaron o proceso xudicial que permitiu a recuperacin do pazo de Meirs. Este pobo deu unha leccin, foi a primeira vez que se lles quitou un ben aos Franco en Espaa, di Pontn; non frecuente que diga Espaa, senn Estado espaol. Nese encontro sae o tema —xunto a sanidade— bandeira do Bloque: o bum depredador elico en terra e agora en mar. A lder nacionalista insiste en que o Goberno e a Xunta gobernan para as elicas, e para as portas xiratorias.


Evencio Ferrero, histrico alcalde de Carballo, conversa con Ana Pontn antes do mitin de fin de xornada. VTOR MEJUTO

20.00 horas

Mitin final en terreo amigo. Cando Evencio Ferrero comezaba en poltica, Ana Pontn tia apenas dous anos. Hoxe el o alcalde de Carballo, e ela, a lder do seu partido. Evencio —as, s co seu nome, aparece nos carteis deste acto de precampaa no Pazo da Cultura— un tipo de bo talante, que coxea lixeiramente por un accidente de hai mis de trinta anos, e que vai polos vinte de rexedor. Con carisma e capacidade de arrastre. Antes de comezar o mitin soa o himno galego que ensaian con gaitas no conservatorio, no mesmo edificio. Casualidade? A carn de Evencio, na cafetera do Pazo, estn, entre outros, o msico Xurxo Souto, que agora d clases en Carballo, e Chano Calvo, o dono da conserveira que leva o seu apelido, un dos maiores empresarios de Galicia; Calvo amigo persoal de Evencio, sobre todo polo Clube Deportivo Xiria. A Pontn estana agardando Daniel Prez, deputado no Parlamento e exconcelleiro en Carballo. Sabe que xoga na casa: o BNG encadea varias absolutas, o segundo concello mis poboado que gobernan eles. Xusto antes de falar, recibe unha chamada importante: a sa nai Aurita, para ver como foi a xornada. O saln principal do Pazo est abarrotado. Un lugar amable para rematar o da. O Renault hoxe sumou 350 quilmetros aos 400.000 que arrastra. E a campaa anda non comezou.





El MNAC examina la obra del pintor gótico Lluís Borrassà para la Catedral de Barcelona

Previous article

Ciudadanos completa su comité ejecutivo de 16 miembros

Next article

You may also like

Comments

Leave a reply

More in Galicia